Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

RECITAL-PRESENTACIÓN DO LIBRO “LUGO PHILADELPHIA” DE LOIS PÉREZ, CON FOTOGRAFÍAS DE ALBA DÍAZ-VENRES 16 DE XUÑO – 20:00 – CASA DA CULTURA DE VILALBA

16/06/2023 @ 20:00 - 21:30

 O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), continuando cos actos programados para este mes de xuño, organiza a presentación do libro “Lugo Philadelphia” (Xerais, 2023), cun recital a cargo do poeta Lois Pérez e da fotógrafa Alba Díaz, autores do libro, e de Lois Pérez (fillo) en teclados. Poesía, música e humor para unha viaxe de ida e volta a Philadelphia, A Piringalla e a Terra Chá, coa música dos Stones e algunha outra sorpresa.

Será o venres 16 de xuño ás 20:00 h. na Casa da Cultura de Vilalba 

LOIS PÉREZ (Lugo, 1979) é mestre, contador de historias, poeta, escritor e guionista. No eido da dramaturxia, gañou en 2008 o Premio de Teatro Radiofónico da Radio Galega con «Saltimbanqui» (Xerais, 2008), dirixida e adaptada por Quico Cadaval. Como poeta, publicou «LP» (2013), «Long Play» (Xerais, 2017) e «Lugo Philadelphia» (Xerais, 2023), con fotografías de Alba Díaz. En 2017 gañou o Premio aRi[t]mar ao mellor poema editado en Galicia nese ano por «Blues do rei Bergman=B.B. King». Coordina a Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e, no eido do ensino público, traballou e promoveu diferentes proxectos de innovación na normalización lingüística do galego na escola, premiados todos eles por organismos oficiais e institucións diversas. Escribe de rock and roll e literatura no suplemento cultural «Táboa Redonda». Con «A gruta da torre» (Xerais, 2022) gañou o V Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade.

ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO

Detalles

Data:
16/06/2023
Hora:
20:00 - 21:30

Recinto

Casa da Cultura
Praza Suso Gayoso, 1
Vilalba, Lugo 27800 Spain
+ Google Map
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad