Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

VI PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE (PRAZO ENTREGA: ATA 12-07-22)

23/04/2022 @ 08:00 - 12/07/2022 @ 23:49

O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS, O CONCELLO DE VILALBA E EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA convocan o VI Premio AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade, de acordo ás seguintes                                               

                                                                 BASES

Primeira.

Poderán participar todas as persoas de calquera nacionalidade e idade que presenten narracións inéditas en lingua galega, dirixidas ao público infantil e xuvenil, cunha temática  vencellada ao compromiso pola igualdade de xénero, raza, nacionalidade…

Segunda.

Establécese un premio único e indivisible, dotado con 3.000 euros.

Esta cantidade está suxeita ás retencións legais que lle sexan aplicables segundo a lexislación vixente.

Terceira.

A obra premiada será publicada por Edicións Xerais de Galicia, que se reserva os dereitos de edición da obra premiada nos 1.500 primeiros exemplares. Entregaránselle ao/á gañador/a 30 exemplares.

Cuarta.

A obra terá unha extensión libre e presentarase encadernada, por cuadriplicado, en papel impreso polas dúas caras, tamaño DIN A4.

Presentarase baixo o sistema de plica, polo que se enviará cun sobre á parte; no exterior do sobre figurará só o lema e no interior incluirase o título da obra, o lema, unha copia do NIF do/a autor/a, o enderezo, teléfono de contacto e correo electrónico.

Quinta.

O prazo de presentación de orixinais comezará o 23 de abril de 2022, Día Internacional do Libro, e prolongarase até o día 12 de xullo de 2022, sexto cabodano de Agustín Fernández Paz.

Sexta.

O xurado estará formado por tres persoas de recoñecido prestixio cultural. Emitirá o ditame, que será inapelable, na última semana do mes de outubro de 2022.

O xurado poderá declarar o premio deserto.

Sétima.

A entrega do premio terá lugar nun acto do que se dará conta oportunamente.

Oitava.

Os orixinais remitiranse a:

VI Premio AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade

INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS

Praza de Suso Gayoso, 1 (Casa da Cultura)

Apartado de Correos , nº 39

27800  Vilalba (Lugo)

Novena.

Os orixinais non premiados poderán recollelos os/as respectivos/as autores/as no local do Instituto de Estudos Chairegos (Casa da Cultura de Vilalba) durante un período máximo dun mes despois do ditame do premio. Os que non se recollan nese prazo serán destruídos.

Décima.

A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.

Detalles

Comezo:
23/04/2022 @ 08:00
Remate:
12/07/2022 @ 23:49

Recinto

Casa da Cultura
Praza Suso Gayoso, 1
Vilalba, Lugo 27800 Spain
+ Google Map
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad