Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

XI EXPOSICIÓN “TAL COMO ERAMOS-FOTOS PARA O RECORDO” – 26 DE AGOSTO, ÁS 20:30, NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

26/08/2022 @ 20:30 - 20/10/2022 @ 20:30

O Instituto de Estudos Chairegos “Pena do Encanto” (Iescha), inaugura o venres, día 26 de agosto de 2022, ás 20:30 horas, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, a mostra fotográfica baixo a denominación xenérica “Tal como eramos. Fotos para o recordo”, que chega á súa XI edición.
Esta mostra está integrada pola reprodución de 208 fotografías procedentes da fototeca do IESCHA, e é posible grazas ás aportacións de moitos veciños e veciñas de Vilalba e comarca.
As fotos que compoñen a Exposición, repartidas en 26 paneis (cunha nova presentación tanto no deseño como no soporte), son de temática variada (Deportes, Celebracións, Feiras e Festas, Música, Nenas e Nenos, Grupos, Oficios e Actividades, Paisaxes e Recantos, Paseos, etc.) e a maioría delas corresponden á 1ª metade do pasado século XX.
A undécima edición de Tal como eramos-Vilalba poderá ser contemplada dende o venres 26 de agosto (inauguración) ata o 14 de outubro de 2022 na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, no horario estipulado de apertura.
Todas estas fotos, xunto coas da exposición de “Tal como eramos” de Guitiriz, incluiranse no apartado correspondente do Caderno de Estudos Chairegos nº 11, que se editará a finais do presente ano.

Detalles

Comezo:
26/08/2022 @ 20:30
Remate:
20/10/2022 @ 20:30

Recinto

Auditorio Municipal
Rúa das Pedreiras, 5
Vilalba, Lugo 27800 Spain
+ Google Map
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad