Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

XII EXPOSICIÓN “TAL COMO ERAMOS-FOTOS PARA O RECORDO” INAUGURACIÓN O XOVES 29 DE AGOSTO DE 2024, ÁS 20:00 HORAS, NA SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

Agosto 29 @ 20:00 - Novembro 6 @ 20:00

O Instituto de Estudos Chairegos “Pena do Encanto” (Iescha), inaugura o xoves, día 29 de agosto de 2024, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, a mostra fotográfica baixo a denominación xenérica “Tal como eramos. Fotos para o recordo”, que chega á súa XII edición.

Esta mostra está integrada por 208 fotografías procedentes da fototeca do IESCHA, e é posible grazas ás aportacións de moitos veciños e veciñas de Vilalba e comarca.

As fotos que compoñen a Exposición, repartidas en 26 paneis, son de temática variada (Deportes, Celebracións, Feiras e Festas, Música, Nenas e Nenos, Grupos, Oficios e Actividades, Paisaxes e Recantos, Paseos, etc.) e a maioría delas corresponden á 1ª metade do pasado século XX.

A duodécima edición de Tal como eramos-Vilalba poderá ser contemplada dende o mesmo xoves 29 de agosto (inauguración) ata o 26 de outubro de 2024 na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, no horario estipulado de apertura.

Todas estas fotos, xunto coas da exposición de “Tal como eramos” de Guitiriz, incluiranse no apartado correspondente do Caderno de Estudos Chairegos nº 12, que se editará a finais do presente ano 2024.

Details

Start:
Agosto 29 @ 20:00
End:
Novembro 6 @ 20:00

Venue

Auditorio Municipal
Rúa das Pedreiras, 5
Vilalba, Lugo 27800 Spain
+ Google Map
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad