XII RUTA POR GALICIA ADIANTE, ANDANDO AS TERRAS DE FERROL: ARSENAL E FERROL REBELDE. DOMINGO 22 DE SETEMBRO DE 2024. SAÍDA 9:00. INSCRICIÓNS ATA O 18 DE SETEMBRO
Setembro 22 @ 09:00 - 20:00
O Instituto de Estudios Chairegos, continuando co desenrolo do programa de actividades do ano 2024, organiza para o domingo, día 22 de setembro, a XII Ruta Por Galicia adiante – Andando as Terras de…FERROL (O ARSENAL E FERROL REBELDE)
PROGRAMA DA RUTA
A saída do autobús hacia o inicio da ruta, realizarase dende as inmediacións da Casa da Cultura de Vilalba, e está programada para as 9:00 horas do domingo, 22 de setembro de 2024.
A xornada en FERROL dividirase en dúas visitas:
-POLA MAÑÁ: VISITA GUIADA POLO ARSENAL
O Arsenal está declarado Ben de Interese Cultural.
Baixo a dirección de diversos arquitectos e enxeñeiros militares, o Arsenal de Ferrol constrúese no s. XVIII, converténdose nunha das empresas máis difíciles da España da Ilustración e que vinculará a cidade desde entón cos vaivéns da construción naval e as complexas decisións do Estado.
Polas súas funcións militar e industrial, o Arsenal divídese en dous: o Arsenal do Parque, parte occidental, e o Arsenal dos Diques, ambos con senllas portas monumentais. No interior do recinto destacan: a Sala de Armas,pechada polo norte polo Cuartel de Instrución; o Dique da Campá (s. XIX) que foi un dos diques máis grandes do mundo na súa época; o Edificio de Herrerías que acolle o Museo da Construcción Naval; o Museo Naval e a Biblioteca da Zona Marítima do Cantábrico, instalados no antigo cárcere de San Carpio.
Visitaremos o Arsenal para ver as instalación do XVIII e os modernos buques atracados alí. Esta visita complementarase coa do Museo da Construción Naval, onde podemos explicar a historia e crecemento desta factoría que comeza a súa andadura tamén no S. XVIII. Toda esta visita durará unhas 3 horas e media.
-POLA TARDE: VISITA GUIADA POLO FERROL REBELDE
Ferrol, a gran cidade da ilustración de Galicia, é tamén a gran urbe dos contrastes. Estirpe de rebeldes que converteu o movemento obreiro ferrolán na punta de lanza do movemento obreiro galego e español, tamén viu nacer e crecer a persoeiros que apoiaron e impulsaron unha Guerra Civil e unha Dictadura.
Este roteiro procura divulgar a historia heroica do pobo traballador e situar este movemento social no lugar central que lle corresponde na conquista dos dereitos democráticos. O Ferrol rebelde é, sobre todo, o Ferrol solidario, o Ferrol de homes e mulleres que se senten irmáns e camiñan xuntos pola liberdade.
Ferrol rebelde percorre os lugares máis significativos de cen anos de loita obreira. Dunha maneira amena procura aproximarse ao perfil humano dos seus protagonistas, aos documentos que produciron e aos ideais que os mobilizaron. O roteiro comeza en 1871 coa publicación en Ferrol do primeiro xornal obreiro de Galiza “El trabajo” e finaliza en1975 co asasinato de Moncho Reboiras.
INSCRICIÓNS E CUOTA A PAGAR SEGUNDO A OPCIÓN QUE SE ESCOLLA
Nesta ocasión, tendo en conta o custo das dúas visitas guiadas, establécense dúas opcións a escoller, con dúas cuotas distintas:
-OPCIÓN A: 30 € por persoa. Inclúe: autobús + as dúas visitas guiadas. (A comida corre a cargo do participante)
-OPCIÓN B: 50 € por persoa. Inclúe: autobús + as dúas visitas guiadas + o xantar (reservado no Restaurante FEIRA DE MOSTRAS DE FERROL, Estrada Porto Graña, 10, 15405 Ferrol, A Coruña) e composto por: PAELLA, CODILLO ASADO, TARTA DE AMORODOS, BEBIDA (VIÑO DA CASA, AUGA…) E CAFÉ.
As persoas interesadas en participar nesta Ruta por Ferrol poderán inscribirse, con data límite o mércores 18 de setembro, enviando unha mensaxe á conta de correo do IESCHA, estudoschairegos@gmail.com. Tamén poderán facelo comunicándollo directamente a calquera membro da Xunta Directiva ou nos teléfonos: 686-451501 // 651-361628.