EXPOSICIÓN DE PINTURA: CARMEN GÓMEZ MATO E MANOLO SANTALLA. VENRES 25 DE AGOSTO DE 2023, ÁS 20:00, NA SALA DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a EXPOSICIÓN DE PINTURA DE CARMEN GÓMEZ MATO E MANOLO SANTALLA. O acto de inauguración da mesma terá lugar o VENRES 25 DE AGOSTO DE 2023, ÁS 20:00 HORAS, NA SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. Permanecerá aberta ao público, no horario estipulado para o Auditorio, dende o 25 de agosto ata o 30 de setembro do presente ano.

Na mostra poderanse contemplar arredor de 70 cadros, distribuídos do seguinte xeito:

CADROS DE CARMEN GÓMEZ MATO

Arredor de 35 cadros

Técnica óleo sobre lenzo e sobre tablilla, principalmente, e un sobre corcho.

Temática: cadros de estilo costumbrista, marinas, xente con paraugas, trenes de vapor, retratos e outros.

CADROS DE MANOLO SANTALLA

Arredor de 35 cadros 

Técnica de óleo e acrílico, a pincel e a espátula.

Temática: cadros de paisaxes, marinas e bodegóns, principalmente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad