
Este venres, ás 19:00 horas, nunha das salas do Auditorio Municipal de Vilalba, tivo lugar a inauguración da Exposición INSTANTES, con debuxos de Carmen Cabaneiro e fotos de Juanjo de la Comba, nun acto organizado polo IESCHA, coa colaboración do Concello de Vilalba. Unha fermosa mostra presentada dun xeito moi orixinal e suxestivo.