EXPOSICIÓN “RETROSPECTIVA”-ÓLEOS DE PEPE LAFUENTE. APERTURA: VENRES 1 DE AGOSTO DE 2025, ÁS 20:30 H., NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

 O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), coa colaboración co Concello de Vilalba, organiza a EXPOSICIÓN  “RETROSPECTIVA”, con óleos de PEPE LAFUENTE.

O acto apertura da mesma terá lugar o venres 1 de agosto de 2025, ás 20:30 horas, na CASA DA CULTURA DE VILALBA.

A mostra permanecerá aberta ao público, no horario establecido da Casa da Cultura, ata o 3 de setembro de 2025.

Esta exposición forma parte dos actos programados polo Iescha para as vindeiras Festas de Vilalba’2025, e dos que se dará conta oportunamente.

________________

PEPE LAFUENTE
RETROSPECTIVA
Óleos (1990-2015)

Un regreso con alma e pincel

Esta exposición é moito máis ca unha mostra de cadros. É a historia dun regreso, dun reencontro coa paixón de pintar que naceu hai anos, cunha ilusión que se podía tocar coas mans. Nos seus comezos, Pepe Lafuente deixaba que o óleo lle falase á alma, e pouco a pouco foi creando un mundo de realismo e hiperrealismo cheo de vida.

Pouco a pouco, a pintura foi quedando nun recuncho, como eses soños que nunca se esquecen de todo. Mais hoxe, con moito agarimo, decide compartir con nós aquelas obras feitas noutra etapa da súa vida. Cadros que gardan silencios, emocións e momentos, e que agora saen á luz para que todos poidamos desfrutalos.

É unha honra poder achegarnos a esta mostra tan persoal, tan humana. Grazas, Pepe, por abrirnos as portas do teu camiño creativo con ese eterno sorriso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad