EXPOSICIÓN “UNIVERSO VIZOSO”. INAUGURACIÓN: MARTES 8-04-25, ÁS 11:30 H., CASA DA CULTURA DE VILALBA. VISITA GUIADA DE ASER ÁLVAREZ

O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a EXPOSICIÓN “UNIVERSO VIZOSO”, promovida e financiada pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, da Rede Museística Provincial e de Arraianos Producións, e conformada por carteis e ilustracións da autoría do artista mindoniense XOSÉ VIZOSO, recentemente falecido.

A inauguración terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba o martes 8 de abril de 2025, ás 11:30 horas, e contará coa visita guiada da mostra a cargo de ASER ÁLVAREZ, comisario da exposición. Permanecerá aberta ao público ata o 7 de maio de 2025.

Texto de Aser Álvarez González, comisario da exposición

“Cando unha galiña pon un ovo faillo saber a toda a aldea, mentres que unha troita deixa milleiros de ovos no río sen que niguén se decate. Con este sinxelo exemplo describía Xosé Neira Vilas o traballo artístico de Xosé Vizoso (Mondoñedo, 1950), un dos máis grandes artistas lugueses. No bacharelato tivo de profesor ao escultor valenciano Juan Puchades, quen estimulou nel a vocación polas artes plásticas. Con 18 anos comezou a traballar en Sargadelos, no departamento de deseño, onde creou ducias de pezas e deseñou e ilustrou centos libros. Pero Vizoso é tamén autor de carteis e logotipos, así como escenógrafo, retratista, caricaturista, pintor e muralista.

Aplicada á alta produción cultural, ao cartelismo, ao deseño gráfico e industrial, á creación do obxecto único e belo e duradoiro para sempre, a arte de Vizoso é múltiple e, sen nos decatar nós ás veces, o seu xenio contrubuiu e contribúe de forma decisiva á formación da paisaxe visual do noso tempo. Non só produce obras senlleiras ou modelos de obra serializabel. Tamén, e ao mesmo tempo, dicta a sensibilidade e o estilo colectivo da época co seu xenio artístico.

Coñecémonos con motivo dunha reportaxe televisiva que fixen sobre unhas pezas que estaba a preparar para conmemorar o centenario do Quixote. Fixémonos amigos e logo comezamos a argallar proxectos xuntos, coma o mítico Mural do Furriolo, unha homenaxe ás vítimas da represión franquista, “un berro de liberdade e diginidade”, como dixo Isaac Díaz Pardo o día que o inauguramos nun acto memorable en Celanova (Ourense) en 2006. Esta exposición é, xa que logo, un relato moi persoal e fondamente marcado pola nosa relación de amizade. Velaquí unha pequena mostra da súa obra como ilustrador, deseñador, escultor, cartelista, muralista, pintor ou caricaturista, coa provincia de Lugo como fío condutor.

Este proxecto nace cando descubro o Universo Vizoso na súa casa. Dende ese día escoito falar as pezas, os bocetos e os cartaces das romerías e festas populares, así coma os seus retratos tabernarios, murais e ilustracións. Vizoso é moito máis que o seu traballo en Sargadelos. Por iso quixemos axudamos a crear a súa propia web, un documental e esta pequena exposición que é so un petisco dunha obra artística inmensa e imprescindible na arte contemporánea galega. Unha viaxe iniciática polo Universo Vizoso a través da provincia de Lugo. Un mundo ateigado de tesouros que habitan o máxico universo deste artista total.”

Un hombre con un sombrero en la cabeza

El contenido generado por IA puede ser incorrecto.XOSÉ VIZOSO, nado en Mondoñedo en 1950 e finado o 9 de febreiro de 2025 en Brión, foi un artista gráfico galego. En 1968 gañou o Premio Nacional de Escultura. Entre os seus labores destacan a restauración da catedral de Mondoñedo, entre 1966 e 1968, a conceptualización de pezas da cerámica galega Sargadelos, ou a realización do cartel do Centenario do Celta de Vigo.

En 2021 rodouse un documental producido por Aser Álvarez González para Arraianos Producións sobre o papel de Vizoso en Sargadelos.

Traxectoria

Vizoso comezou a se interesar na pintura e na escultura desde cativo.

“Desde cativo deixeme encantar polos tipos máxicos e algo chalados que da a miña terra, aos que me gustaba retratar en debuxos coma, salvando ás distancias, Cunqueiro fixera coa súa literatura.”

Estudou bacharelato artístico, e grazas ao escultor valenciano Juan Puchades, outrora o seu profesor de debuxo, comeza a se dedicar ás artes. Desde aquela comezou a alternar a súa formación con traballos eventuais, coma o labor no obradoiro dos Lichos en San Lázaro ou a restauración da catedral de Mondoñedo entre 1966 e 1968. Xa no mesmo 1966 participara na ilustración dalgún libro.

A etapa na cerámica de Sargadelos

Lois Antón depositando flores no monumento promovido polo Colectivo Arraianos no Furriolo. Obra de Xosé Vizoso. Ano 2009.

Vizoso foi, xunto con Xosé Díaz, un dos principais deseñadores de Sargadelos. Os primeiros contactos foron en 1968, cando Vizoso deu cun anuncio dunha oferta de traballo publicado no xornal lugués El Progreso. Desde entón comezou a traballar para a empresa cerámica, sendo mesmo a man dereita de Isaac Díaz Pardo, propietario da compañía.

A súa obra na empresa foi moi prolífica, con centos de carteis, cerámicas e ilustracións, caracterizadas por un estilo ligado ao rural galego, a súa cultura e as súas tradicións.Foi o autor do único tarot galego.

En 1990 trasladouse a Brión, onde residiu ata o seu falecemento.

Mural do Forriolo

O mural concibido por Xosé Vizoso a petición de colectivo Arraianos para homenaxear ás vítimas do fascismo na bisbarra de Celanova, foi erguido no alto do Forriolo, no concello da Bola, en 2006. Este traballo ten dúas partes creativas: unha parte mural pintada con siluetas negras sobre fondo branco e trazos vermellos polo sangue derramado, en dirección leste; e outra parte escultural feita en ferro, e colocada en dirección oeste, ollando para Celanova. Está considerada como o Guernica galego, xunto coa obra de CastelaoA derradeira leición do mestre.

 
Entrada de balde 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad