FLORES PARA BERNARDO, NO XII CABODANO
Para o día de hoxe, sábado 28 de decembro, o Iescha tiña previsto o acto de homenaxe a Bernardo García Cendán no seu XII cabodano. Como xa se anunciou, non puidemos realizalo debido a circunstancias imprevistas.
A pesar de todo, non quixemos deixar pasar a ocasión para lembralo con todo o agarimo. E así, Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, e na súa representación, depositou un ramo de rosas na lousa que perpetúa a súa memoria na Praza da Igrexa de Vilalba, lousa que simboliza o noso recoñecemento e afecto a Bernardo, un exemplo de compromiso coa nosa lingua, coa nosa cultura e co noso patrimonio, e unha luz que continúa a inspirarnos.
Anunciaremos unha nova data para o acto de homenaxe tan pronto como sexa posible, coa intención de reunirnos e celebralo como se merece.
Bernardo, sempre na nosa memoria.