GALA DE ENTREGA DO VII PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ A ANDREA BARREIRA, GAÑADORA POR “QUEN PRECISA UNHA AVOA? SÁBADO 26-10-24-20:00 H. AUDITORIO MUNICIPAL

O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do VII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade á escritora gañadora, ANDREA BARREIRA, polo seu libro “QUEN PRECISA UNHA AVOA?”, que terá lugar o sábado, día 26 de outubro de 2024, ás 20:00 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA.

O referido acto será presentado por CARMEN HERMIDA e contará coas intervencións de MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha; MARTA ROUCOalcaldesa de Vilalba; FRAN ALONSO, director de Edicións Xerais de Galicia; MANUEL BRAGADO, membro do Xurado, e ANDREA BARREIRA, gañadora do VII Premio Agustín Fernández Paz.

Durante o acto, irán producíndose distintas actuacións relacionadas coa música, coa danza, coa poesía, coa palabra, coa imaxe…

Para elo, contaremos coa participación de:          

  •  BANDA DE MÚSICA DE VILALBA
  •  ALUMNAS DO IES BASANTA SILVA
  •  PABLO DEL VALLE
  •  CORREDORES DE SOMBRA

Para a linguaxe de signos contaremos coa Asociación de Xordos de Lugo (AXORLU).

Nalgún momento do acto, darase lectura ao ditame do Xurado do VIII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade.

A entrada é de balde, pero haberá que reservala con antelación na páxina web do Concello, directamente na Casa da Cultura ou o mesmo día do acto na billeteira do Auditorio, sempre e cando quedasen asentos libres.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad