ENTREGA DO VIII PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ A EVA MEJUTO POR “QUECO E KIKA”. SÁBADO 25/10/25, 20:00 H. AUDITORIO DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do VIII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade á escritora gañadora, EVA Mª MEJUTO, polo seu libro “QUECO E KIKA”, que terá lugar o sábado 25 de outubro de 2025, ás 20:00 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA.

O referido acto será presentado por CARMEN HERMIDA e contará coas intervencións de MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha; MARTA ROUCO alcaldesa de Vilalba; FRAN ALONSO, director de Edicións Xerais de Galicia; MANUEL BRAGADO, membro do Xurado, e EVA Mª MEJUTO, gañadora do VIII Premio Agustín Fernández Paz.

Durante o acto, irán producíndose distintas actuacións relacionadas coa música, co teatro, coa poesía, coa palabra, coa imaxe…

Para elo, contaremos coa participación de:      

  • ASOCIACIÓN CULTURAL ANDRADE 
  • Danza das Burgas
  • Rumbabria
  • ALUMNADO BIBLIOTECA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DO IES BASANTA SILVA
  • Do que non arde
  • MINICORO ESMUVI
  • Homenaxe ás que cantan, ás que cantaron e ás que cantarán 
  • ALUMNADO ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO
  • Mírame

Para a linguaxe de signos contaremos coa Asociación de Xordos de Lugo (AXORLU).

Nalgún momento do acto, darase lectura ao ditame do Xurado do IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade.

A entrada é de balde, pero haberá que reservala con antelación na páxina web do Concello, directamente na Casa da Cultura ou o mesmo día do acto na billeteira do Auditorio, sempre e cando quedasen asentos libres.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad