GRAN ACOLLIDA NOS CENTROS EDUCATIVOS E OCUPACIONAL DE VILALBA DA ACTIVIDADE PROPOSTA POLO IESCHA CO GALLO DO DÍA DE ROSALÍA (VIDEO)

Este ano, a iniciativa impulsada polo IESCHA de repartir caretas co rostro de Rosalía nos centros educativos de infantil e primaria do concello de Vilalba e no Centro Ocupacional, contou cunha marabillosa acollida por parte do alumnado e do profesorado deses centros, enchendo as aulas de entusiasmo e emoción.

As alumnas, os alumnos e o profesorado do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ, do CEIP MATO VIZOSO, do CEIP MONSEIVANE DE MOREDA, do CEIP TERRA CHÁ DE ROMÁN, da ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL DE VILALBA e do CENTRO OCUPACIONAL VILALBA TERRA CHÁ participaron activamente, levando con orgullo as careta de Rosalía de Castro. A celebración converteuse nunha oportunidade perfecta para achegar a súa figura e a súa obra ás nenas e aos nenos, que se involucraron con ilusión nesta homenaxe tan especial.

Queremos felicitar e agradecer o magnífico traballo realizado por cada un deses centros educativos e ocupacional. Grazas ao esforzo e implicación do alumando e do profesorado, conseguimos manter viva a memoria de Rosalía e transmitir o seu legado ás novas xeracións dun xeito lúdico e educativo.

Sen dúbida, foi un magnífico traballo que nos reafirma na importancia de seguir promovendo actividades que acheguen a nosa literatura e a nosa historia á rapazada. Agardamos seguir celebrando moitos máis Días de Rosalía con este mesmo espírito e alegría!

Parabéns e agradecemento a todos e todas!!!

Ata a próxima!!!

VIDEO RFESUME>>>>> https://www.facebook.com/100064422230168/videos/1294947371765879

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad