HOMENAXE A BERNARDO GARCÍA CENDÁN NO XI CABODANO. SÁBADO 30 DE DECEMBRO DE 2023, ÁS 12:30 HORAS, NA PRAZA DA IGREXA, AO CARÓN DA LOUSA COA INSCRICIÓN

sábado 30 de decembro de 2023, ás 12:30 horas, na PRAZA DA IGREXA DE VILALBA, o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza a homenaxe a Bernardo García Cendán no seu XI Cabodano, que terá lugar ao carón da lousa coa inscrpción conmemorativa inaugurada o ano pasado (obra do canteiro José Gómez de Bernardo “Pepón”).

O acto terá un apartado para o recitado de textos do propio Bernardo, e outro musical no que intervirán: 

Arturo Bermúdez Prieto de 14 anos, que tocará unha versión de trompeta de Lela e pechara o acto coa interpretación do himno galego.

Víctor Antonio Bermúdez Prieto tocará na guitarra española unha peza de estudo denominada Rondó-Napoleón Coste.

Ambos, sobriños-netos de Bernardo, son estudantes de 2° grao de profesional no Conservatorio de Culleredo.

Contaremos tamén co acompañamento do grupo AC ANDRADE.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad