HOMENAXE A BERNARDO GARCÍA CENDÁN, NO XII CABODANO. SÁBADO 28 DE DECEMBRO DE 2024-12:00 HORAS, NA PRAZA DA IGREXA DE VILALBA

O sábado 28 de decembro de 2024, ás 12:00 horas, na PRAZA DA IGREXA DE VILALBA, o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), coa colaboración do CONCELLO DE VILALBA, organiza a homenaxe a Bernardo García Cendán no seu XII Cabodano, que terá lugar ao carón da lousa coa inscrición conmemorativa inaugurada hai dous anos (obra do canteiro José Gómez de Bernardo “Pepón”).

O acto terá un apartado para o recitado de textos do propio Bernardo, e outro musical no que intervirán os grupos:

– LAMBE LAMBE

– CORREDORES DE SOMBRA

A palabra e a música, dous dos elementos que sempre estiveron presentes na vida de Bernardo, xuntaranse un ano máis na Praza da Igrexa de Vilalba, ao carón da súa lousa, nun encontro para a lembranza, para o cariño, para a loubanza e para botar de menos ao intelectual, ao escritor, ao crego e, sobre todo, ao amigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad