
O sábado 22 de febreiro de 2025 ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Vilalba, levarase a cabo o ACTO DE HOMENAXE A SANTIAGO MATO VIZOSO, músico vilalbés.
O Concello de Vilalba, a Banda de Música de Vilalba, a Escola Municipal de Teatro, a Coral Polifónica Vilalbesa, a Banda de Gaitas “Mato Vizoso” e o Instituto de Estudos Chairegos organizan este evento que desenvolverá o seguinte PROGRAMA:
- Descuberta da Placa co nome de SANTIAGO MATO VIZOSO para o Conservatorio de Vilalba.
- Cesión por parte do IESCHA ao pobo de Vilalba do piano de SANTIAGO MATO VIZOSO (doado pola súa bisneta PEPA BAAMONDE) que será colocado no vestíbulo do Auditorio Municipal.
- Unhas palabras sobre SANTIAGO MATO VIZOSO, intervención de XOSÉ RAMÓN VÁZQUEZ CARREIRA.
- Proxección dun video-homenaxe sobre A TRADICIÓN MUSICAL EN VILALBA.
- CONCERTO MUSICAL no que participan:
- Banda de Música de Vilalba
- Coral Polifónica Vilalbesa
- Banda de Gaitas “Mato Vizoso”
Santiago Mato Vizoso (1854-1925) foi un músico e reloxeiro vilalbés que compuxo, xunto co seu irmán Manuel, obras teatrais e corais en galego entre finais do século XIX e comezos do XX.
A súa profesión de reloxeiro, herdada do seu pai, deulle estabilidade económica para adicarse á música, a súa grande paixón. Neste ámbito realizou todo tipo de actividades: recolleita de pezas populares; composición; interpretación de piano, harmonio e órgano; dirección de orfeóns, coros e orquestras; e tamén, dirección da Banda Municipal e de diversas formacións de música sacra.
Santiago foi un home do seu tempo, ben informado, partícipe das inquedanzas culturais do país e, durante toda a súa vida, principal dinamizador musical da sociedade vilalbesa, que marcou un antes e un despois na historia musical da vila.
Entrada de balde. Reserva de localidade en https://entradasvilalba.es/
[…] de febreiro de 2025 ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Vilalba, levarase a cabo o ACTO DE HOMENAXE A SANTIAGO MATO VIZOSO, músico […]