INSCRICIÓN PARA O PROGRAMA “COÑECE A TÚA PROVINCIA. RUTA 22: RIBAS DO SIL E QUIROGA”, CONVOCADO POLA DEPUTACIÓN DE LUGO.

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) foi admitido para participar no Programa “Coñece a túa Provincia’2025”, convocado pola Deputación de Lugo, co seguinte CONTIDO (sempre suxeito a algún cambio):

  • A viaxe terá lugar o mércores 9 de abril de 2025, con saída dende a Casa da Cultura de Vilalba ás 9,00 horas. 
  • Ás 10:00 terá lugar unha visita ao Paza de San Marcos.
  • A continuación levarase a cabo o Programa da Ruta concedida: 
  • RUTA 22 (RIBAS DO SIL E QUIROGA): Visita á abadía de San Clodio e ao centro de interpretación da minería aurífera en Ribas de Sil. Visita ao Xeomiradoiro de Campodola. Visita a unha adega.
  • Servizos incluídos:A excursión será de balde e incluirá transporte, guía acompañante, xantar (menú pechado cun primeiro prato, segundo prato, sobremesa, café ou infusión e as bebidas indicadas o propio día da excursión), entradas aos lugares de visita e seguro de viaxeiros.*Recoméndase a todas as persoas participantes levar roupa e calzado cómodo/deportivo para a xornada de excursión.

Por todo elo, o Instituto de Estudos Chairegos abre un prazo de inscrición para socios/as do Iescha e para persoas non asociadas, coas seguintes consideracións:

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN

  • PRAZAS CONCEDIDAS: 23
  • PRAZAS QUE SE POÑEN A DISPOSICIÓN DE SOCI@S E NON SOCI@S: 20
  • Nº DE PRAZAS RESERVADAS: 3 (PARA A ORGANIZACIÓN) 
  • PRAZO DE INSCRICIÓN: DO 22 DE MARZO AO 1 DE ABRIL DE 2025 (ata as 18:00 horas)
  • MEDIO DE INSCRICIÓN: SOLICITUDE AO CORREO ELECTRÓNICO DO IESCHAestudoschairegos@gmail.com (único medio)
  • NÚMERO MÁXIMO DE PERSOAS EN CADA SOLICITUDE: 2
  • DATOS OBRIGATORIOS DE CADA PERSOA SOLICITANTE: NOME, APELIDOS, DNI E TELÉFONO (SE HAI ALGÚN MENOR DE IDADE HAI QUE FACELO CONSTAR) (TAMÉN SE PODE FACER CONSTAR ALGUNHA NECESIDADE ESPECIAL -alerxia alimentaria, etc-)

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

  • AS 20 PRAZAS SERÁN ADXUDICADAS MEDIANTE SORTEO PÚBLICO ENTRE AS SOLICITUDES PRESENTADAS (sempre que se sobrepase dita cantidade)
  • LEVARASE A CABO NO LOCAL DO IESCHA (NA CASA DA CULTURA) O MARTES 1 DE ABRIL DE 2025, A PARTIRES DAS 18:15 H.
  • TERÁN ABSOLUTA PREFERENCIA NO SORTEO OS SOCIOS E AS SOCIAS DO IESCHA.
  • O RESULTADO DO SORTEO SERÁ COMUNICADO A CADA SOLICITANTE MEDIANTE UNHA MENSAXE AO CORREO ELECTRÓNICO USADO NA INSCRICIÓN.

Vilalba, 21 de marzo de 2025

A XUNTA DIRECTIVA DO IESCHA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad