LOIS PÉREZ DÍAZ GAÑADOR DO V PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

O sábado 23 de outubro de 2021, ás 17:00 horas, reuniuse, no local do IESCHA da Casa
da Cultura, o Xurado do V Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil
pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e
Edicións Xerais de Galicia, e formado por Dª Iria Misa Peralba, D. Manuel Bragado
Rodríguez e D. Xosé Lastra Muruais. Unha vez rematada a reunión emiten o seguinte
DITAME:


O Xurado acorda, por unanimidade, outorgar o V Premio Agustín Fernández Paz de
narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á obra titulada A GRUTA DA TORRE
presentada baixo o lema ou seudónimo de UN PESO SEMPRE SE GASTOU.
Unha vez aberta a plica, resultou ser o seu autor LOIS PÉREZ DÍAZ.


O xurado salienta da obra gañadora o interese da trama que se desenvolve no verán de
1990 en Ribadeo en espazos recoñecibles así como polo seu carácter como historia de
formación protagonizada por un grupo diverso de rapaces e rapazas que emprenden
unha viaxe de descuberta seguindo o fío das viaxes nos libros e na memoria. Escrita con
mestría, empregando diversos recursos e rexistros, a novela mantén un pulso narrativo
que non decae.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad