MESA REDONDA: O desmantelamento do rural

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza a mesa redonda “O DESMANTELAMENTO DO RURAL” coa que quere unirse á reivindicación da veciñanza de Baamonde de que continúe o alumnado as clases no Colexio desa localidade, fronte ao intento de pechalo por parte do Concello de Begonte e máis da Xunta de Galicia.

O acto terá lugar o xoves 29 de abril de 2021, ás 20 horas, na Casa da Cultura.

Intervirán as seguintes persoas:

-Paula Iglesia Ares, secretaria da ANPA do Colexio de Baamonde e portavoz deste colectivo.

-Isabel Calvete Carrera, presidenta da Federación de ANPAS de centros de Ensino Público da provincia de Lugo (FAPACEL) e vicepresidenta da Confederación Galega de ANPAS.

-Xosé Luís González Farelo, presidente da Asociación de Veciños/as de Baamonde.

A entrada será libre ata completar aforo, cumpríndose estrictamente a normativa anti-covid, demostrando unha vez máis que “A cultura é segura”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad