O Instituto de Estudos Chairegos continuando coa programación do presente ano 2023, organiza unha MESA REDONDA co título de VILALBA SOCIAL coa que se pretende recoller a maior información posible relativa a esta materia procedente de distintas entidades e institucións vilalbesas con experiencia nese ámbito. Con estas mesmas premisas, temos contemplado tamén outras dúas mesas redondas ao longo do ano: a da VILALBA CULTURAL e a da VILALBA DEPORTIVA, e das que daremos conta oportunamente.
Con relación á que nos ocupa, VILALBA SOCIAL, participarán representantes das seguintes entidades/institucións:
CARLOS ZOILO LÓPEZ EIMIL, en representación da FUNDACIÓN HOSPITAL ASILO
JOSÉ ANTONIO PITA PAZ, en representación do CENTRO SOCIOCOMUNITARIO
JUAN RICO ANDIÓN, en representación do CENTRO OCUPACIONAL
MARTA ROUCO SEOANE, en representación do SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR-SAF
O acto terá lugar o vindeiro VENRES 17 de MARZO de 2023, ás 20:00 H., na CASA DA CULTURA, e será presentado por MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA.
A entrada será libre e gratuíta ata completar aforo.