MURAL DEDICADO A ROSALÍA DE CASTRO OBRA DO ARTISTA PABLO LAGE “VAN KRAFT”

O Instituto de Estudos Chairegos-IESCHA e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo foron da man na creación dun mural dedicado a gran poetisa galega Rosalía de Castro nunha das paredes do edificio da rúa Conde Pallares que linda co acceso ao Parador. O autor desta espectacular obra foi o artista vilalbés Pablo Lage “Van Kraft”. Os nosos parabéns!!!

Xa a principios deste mesmo ano, e a partires dunha proposta do IESCHA, levouse a cabo a inauguración do Parque que leva o nome de Rosalía de Castro onde se colocou tamén un monolito na súa lembranza, obra do canteiro José Gómez de Bernardo Pepón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad