
Hai oito anos que nos deixou Agustín Fernández Paz, un dos escritores máis queridos e respectados da literatura galega. O seu legado inestimable de historias seguen a fascinar a lectores de todas as idades e a inspirar a novos escritores e escritoras.
Dende o IESCHA, nesta data sinalada, queremos lembrar tamén a súa paixón pola palabra escrita, a súa dedicación á promoción da lingua galega e o seu compromiso coa educación e a cultura.