O IESCHA NO MES DE ROSALÍA. OFRENDA FLORAL A ROSALÍA DE CASTRO. AO CARÓN DO SEU MONÓLITO, NO PARQUE ROSALÍA DE CASTRO DE VILALBA. SÁBADO 22-02-25, ÁS 12:00 H.

 Continuando coa programación prevista para este mes de febreiro co gallo da homenaxe a ROSALÍA DE CASTRO, o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a OFRENDA FLORAL A ROSALÍA AO CARÓN DO SEU MONÓLITO.

O acto levarase a cabo o sábado 22 de febreiro de 2025 ás 12:00 horas no PARQUE ROSALÍA DE CASTRO DE VILALBA.

Ademais da ofrenda floral, Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, procederá a dar lectura ao MANIFESTO “SAÚDE E TERRA” escrito por MARGA DO VAL, da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG).

Así mesmo, haberá tempo para RECITADO DE POEMAS, que estará aberto a quen desexe facelo. 

Rosalía de Castro (1837-1885) foi unha das escritoras máis importantes da literatura galega, símbolo do Rexurdimento. A súa obra destaca pola defensa da lingua galega, a denuncia das inxustizas sociais e a expresión da saudade e da morriña. En *Cantares gallegos* (1863), primeira obra moderna escrita en galego, enalteceu a cultura do pobo e denunciou a emigración e a pobreza. Máis tarde, en *Follas novas* (1880), explorou temas máis íntimos e melancólicos, mentres que *En las orillas del Sar* (1884), escrita en castelán, reflicte un ton máis existencial e pesimista.  

A súa figura transcende o tempo e segue a ser un referente da identidade galega. A súa poesía inspirou xeracións de escritores e músicos, sendo homenaxeada cada 23 de febreiro, no Día de Rosalía de Castro. Rosalía non só elevou a lingua galega á categoría literaria, senón que soubo captar tamén os sentimentos máis profundos do pobo galego.

Un pensamento en “O IESCHA NO MES DE ROSALÍA. OFRENDA FLORAL A ROSALÍA DE CASTRO. AO CARÓN DO SEU MONÓLITO, NO PARQUE ROSALÍA DE CASTRO DE VILALBA. SÁBADO 22-02-25, ÁS 12:00 H.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad