O IESCHA ORGANIZA A XXII RUTA CHAIREGA-ANDANDO AS TERRAS DE AS PONTES. RUTA DO RÍO DA PONTE DE PEDRA. DOMINGO 1 DE XUÑO DE 2025. SAÍDA ÁS 9:30

O IESCHA organiza a XXII Ruta Chairega “RUTA DO RÍO DA PONTE DE PEDRA” por terras de AS PONTES, prevista para o domingo 1 de xuño de 2025.

 PROGRAMA

A saída de Vilalba, dende os arredores da Casa da Cultura, producirase ás 9:30 horas. A continuación, viaxe Vilalba–As Pontes para dende O Lago dar comezo ao recorrido da:

“RUTA DO RÍO DA PONTE DE PEDRA”

A ruta de sendeirismo “Río da Ponte da Pedra” atópase dentro do sistema creado no entorno do lago de As Pontes formando parte do recorrido BTT da Bidegorri. Sairemos do propio lago para incorporarnos os 500 metros á referida senda ata atoparnos na beira do río que fai a función de alimentación coas súas augas ao propio lago. Un río de augas claras e rápidas con gran vexetación autóctona ao seu redor que nos vai achegando os restos do sistema de evacuación de augas que utilizaba a antiga mina en todo o seu perímetro así como a entrada do túnel que atravesa o pobo de As Pontes polo canal catro ata a súa desembocadura no Eume. Pasaremos polos restos dalgunha das aldeas expropiadas no seu momento (1975) para o desenrolo da explotación así como o sistema de bancos de bombas utilizado para evitar asolagamentos pola caída da auga natural á mina. No último tramo incorporarémonos á “Senda da Memoria” que circula arredor do propio lago, aproximadamente un quilómetro. Distancia – 11 Km con dificultade baixa. Ruta circular.

Unha vez rematada a Ruta, terá lugar o xantar no Restaurante PETRÓLEO, en Roupar de Arriba, sobre as 14:30 horas

Rematada a visita, regresaremos a Vilalba.

A cuota que haberá que pagar será de 30€ por adulto (inclúe autobús e xantar).

As persoas interesadas poderán apuntarse ata o mércores 28 de maio (ás 12:00 horas), como data tope improrrogable, ben enviando unha mensaxe á conta de correo electrónico do Iescha, estudoschairegos@gmail.com, ben contactando persoalmente ou por teléfono con calquera membro da súa Xunta Directiva, facendo constar, de ser o caso, calquera circunstancia que se considere oportuno sinalar.

(Algúns teléfonos: 686-451501/651-361628).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad