
O Instituto de Estudos Chairegos, co patrocinio e financiación da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o concerto “NA CASA DELAS”, a cargo do cuarteto vocal lucense SON DE CORDA, formado por: Esperanza Iglesias (soprano), Carmen Prendes (contralto), Fernando G. Jácome (tenor) e Antón Castro (baixo).
Neste acto participarán tamén Raúl Rodríguez (piano) e María Pichín (danza).
A realizacion de videos corre e cargo de: Manuel Lucas e Alejandro Gándara.
O acto terá lugar o domingo 10 de maio de 2026, ás 20:00 horas, no Auditorio Municial de Vilalba.
NA CASA DELAS
“Na casa delas” é unha proposta que combina música e poesía para render homenaxe a seis figuras fundamentais da literatura galega: Marica Campo, Luz Pozo, Olalla Cociña, María Mariño, Xela Arias e Olga Novo.
A entrade é de balde, pero haberá que facer a reserva de localidade en entradasvilalba.es
