O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS REMITE AO CONCELLO O SEU APOIO Á DECLARACIÓN DA FEIRA DO CAPÓN DE VILALBA COMO FESTA DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA.

O IESCHA ven de remitir ao Concello o seguinte escrito de apoio á declaración da Feira do Capón de Vilalba como Festa de Interese Turístico de Galicia:

O Instituto de Estudos Chairegos quere expresar o seu decidido apoio á declaración da Feira do Capón de Vilalba como Festa de Interese Turístico de Galicia. Cunha traxectoria que supera os dous séculos, esta feira é moito máis que un evento: é un símbolo vivo da riqueza cultural e histórica da nosa vila. 

A consecución deste recoñecemento suporía un importante impulso para preservar e promover as nosas tradicións, fortalecendo a nosa identidade cultural e garantindo que esta celebración continúe a medrar e a proxectar o nome de Vilalba con orgullo dentro e fóra de Galicia.”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad