O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DE VILALBA CELEBRA O NOMEAMENTO DE BEGOÑA CAAMAÑO COMO FIGURA HOMENAXEADA NAS LETRAS GALEGAS’26

Instituto de Estudos Chairegos de Vilalba quere expresar a súa fonda satisfacción polo acordo da Real Academia Galega de dedicar o Día das Letras Galegas 2026 á escritora, xornalista e activista feminista Begoña Caamaño.

Consideramos esta decisión un recoñecemento merecido a unha figura que contribuíu de maneira esencial ao desenvolvemento da cultura galega desde múltiples ámbitos. A través da súa escrita comprometida, tanto no xornalismo como na narrativa, Caamaño abordou con fondura temas como a identidade, o poder, o feminismo e a necesidade de revisitar os mitos dende unha perspectiva crítica e actual.

A súa obra literaria, encabezada por títulos como “Morgana en Esmelle” e “Circe ou o pracer do azul”, achega unha voz propia, innovadora e feminista á narrativa galega contemporánea. No eido do xornalismo, a súa traxectoria foi sempre unha mostra de compromiso coa verdade, coa lingua e coa igualdade.

Desde o IESCHA, animamos a toda a sociedade a aproveitar este vindeiro ano 2026 para redescubrir o legado de Begoña Caamaño e continuar profundando nunha obra que segue a interpelar e a inspirar.

A XUNTA DIRECTIVA DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS – VILALBA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad