MANIFESTO EN DEFENSA DO MUSEO DE PREHISTORIA E ARQUEOLOXÍA DE
VILALBA.
SITUACIÓN
O Organismo Autónomo Local “Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba”
(MUPAV) nos seus trinta anos de existencia converteuse nun referente para a
museoloxía e para a investigación arqueolóxica na Península Ibérica. A pesar dos
precarios medios que sufriu dende a súa fundación, ven desenvolvendo unha
importante tarefa de custodia, investigación e divulgación do patrimonio
arqueolóxico.
Nos últimos anos a súa situación económica empeorou, xa que o orzamento
aprobado pola institución da que depende (Concello de Vilalba, Lugo) non é
suficiente para sufragar os gastos correntes, asumindo a Asociación de Amigos
do Museo de Vilalba os gastos relativos ás actividades de extensión cultural.
O incumprimento por parte do Concello de Vilalba das súas obrigas de conservar
e manter os locais públicos ocupados polo MUPAV, agravado por unha serie de
desgrazas (incendio, inundación e goteiras), está comezando a provocar efectos
prexudiciais sobre o patrimonio histórico e bibliográfico custodiado polo
MUPAV. Efectos que a Inspección de Traballo requiriu a súa corrección para que
o persoal poida desempeñar as súas funcións de acordo coa lexislación laboral
vixente.
Por todo isto, a Asociación de Amigos do Museo de Vilalba solicita o apoio a este
movemento cívico, así como a adhesión ao presente manifesto e a súa difusión,
agradecendo de antemán a axuda e colaboración prestada.
MANIFESTO.
1.- A firme e ineludible necesidade de expor publicamente esta situación no
maior número de lugares, ocasións e formas posibles.
2.-A convicción de que o MUPAV ofrece un servizo público irrenunciable para
unha sociedade culturalmente desenvolvida e constitúe un elemento clave para
o desenvolvemento social, cultural e turístico do seu entorno xeográfico.
3.- A necesidade de dotar ao MUPAV de recursos suficientes para que poida
continuar coa súa misión, reforzando a entidade na fórmula administrativa que
mellor se adapte ao pleno desenvolvemento dos seus obxectivo