
Durante todo o mes de abril, Vilalba convértese nun espazo de encontro coa cultura galega grazas á programación do IESCHA, que neste mes de ABRIL xirará arredor da figura de Xabier P. Docampo.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
8 de abril | Mércores
19:30 h.- Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz
Palestra: “Xabier Docampo e o cinema”
A cargo de Martín Pawley
9 de abril | Xoves
18:00 h.- Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz
Contada infantil arredor da figura de Docampo
Con Ángeles Goás
10 de abril | Venres
19:30 h.- Sala Auditorio de Vilalba
Inauguración da exposición: “O pintor cego”,
Con debuxos de Xosé Cobas
20:00 h.- Sala Auditorio de Vilalba
Palestra:
Manuel Bragado reflexiona sobre Xabier P. Docampo
11 de abril | Sábado
POLAVILA DOCAMPO (Xornada central)
Muíño do Rañego
12:00 h — Apertura oficial
Con Marisa Barreiro e Cesáreo Sánchez Iglesias
12:15 h — Conversa literaria sobre o libro de Docampo
“Cando petan na porta pola noite”
Con Atenea Ruibal, Susana Pérez e Beatriz Maceda
13:15 h — Homenaxe
Recoñecemento a Docampo no Paseo dos Soños
Restaurante Terra Chá
14:30 h — Xantar de irmandade
Auditorio de Vilalba
18:00 h — Lectura pública
“A casa da luz”, coa participación da veciñanza
19:00 h — Gala Polavila Docampo
Conducida por Baruk Domínguez
Un espectáculo multidisciplinar con:
Intervencións de Xosé Cobas e Martín Pawley
Lectura do poema Mans por Daniel Bello
Poesía de Martiño Maseda, Pilar Maseda, María Xosé Lamas, Luz Airado e Emilia Martínez Fonseca
Contos con Ángeles Goás e Lois Pérez
Teatro a cargo da Escola de Teatro de Vilalba
Peche musical coa BMV Ensemble
17 de abril | Venres
20:00 h.- Casa da Cultura
Presentación do libro: “Agora non é antes”
de Antón Baamonde
18 de abril | Sábado
20:00 h.- Casa da Cultura
Presentación do libro: “A faba e nós”
de Alberto V. Serantes
23 de abril | Xoves
Convocatoria do IESCHA, do CONCELLO DE VILALBA e de EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA
X Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade
Prazo aberto dende o mesmo día 23 de abril ata o 12 de xullo de 2026
Actividade complementaria
Dende finais de marzo ata o 12 de abril
IES Basanta Silva-Biblioteca-Auditorio
Exposición “Personaxes da obra de Xabier P. Docampo”
Elaborada por alumnado e profesorado de 3º e 4º de ESO
Con esta programación o IESCHA pretende seguir apostando pola difusión da lingua e cultura galegas, e nesta ocasión, ademais, rendendo unha sentida homenaxe a unha das súas figuras máis destacadas: Xabier P. Docampo.
