PABLO NOGUEIRA CAMPO, GAÑADOR DO VI PREMIO AGUSTÍN FDEZ. PAZ DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE

Xurado, reunido o día 22 de outubro de 2022, no local do IESCHA, sito na Casa da Cultura de Vilalba, ACORDOU, por unanimidade, outorgar o VI Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á obra titulada

RINGO. MEMORIAS DUN COELLO FEDELLO
presentada baixo o lema ou seudónimo de 
RINGO

Unha vez aberta a plica, resultou ser o/a seu/súa autor/a 
PABLO NOGUEIRA CAMPO

O Xurado salienta o humor intelixente, escrita imaxinativa dunha historia trepidante localizada no Circo Fantastibuloso, unha comunidade de artistas nas que cadaquén expresa a súa singularidade. Unha narración na que se mestura aventura e imaxinación para abordar algúns temas esenciais como o valor da amizade, a empatía e o amor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad