PALESTRA DE AURORA MARCO “MESTRAS REPRESALIADAS. MARÍA VÁZQUEZ SUÁREZ”. PRESENTA MARISA BARREIRO. VENRES 20 DE MARZO DE 2026, ÁS 20:00H., NA SALA DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboracion do Concello de Vilalba, organiza, dentro dos actos previstos para o MES DE MARZO-8M, organiza a palestra “MESTRAS REPRESALIADAS. MARÍA VÁZQUEZ SUÁREZ”, impartida por AURORA MARCO, profesora, investigadora e ensaísta, e autora do libro relacionado coa palestra“María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismo”, publicado por Alvarellos Editora.

A presentacion correrá a cargo da presidenta do IeschaMarisa Barreiro.

O acto terá lugar o venres 20 de de marzo de 2026, ás 20:00 horas, no Sala de Exposicións do Auditorio Municial de Vilalba .

Aurora Marco (Noguera de Albarracín, Teruel, 1948). Doutora en Filosofía e Letras pola USC, catedrática na Facultade de Ciencias da Educación, no campo da investigación é autora de numerosos libros e artigos, editora de varios volumes e colaboradora de obras colectivas. Desenvolve unha intensa actividade como conferenciante. Da súa extensa obra salientan biografías sobre Carvalho Calero, Avilés de Taramancos, Ramiro Paz Carbajal, Áurea Lorenzo Abeijón, María Vinyals… Nos últimos 30 anos especializouse na recuperación da traxectoria das mulleres galegas e, de maneira especial, das represaliadas: As precursoras (1993), Mulleres e educación en Galiza. Vidas de mestras (2002), Dicionario de mulleres galegas (2007), Mulleres na guerrilla antifranquista galega (2011), Mª Teresa Alvajar. Memorias dunha republicana (2012), Elas (2015); Irmandiñas (2020). Pola súa obra ensaística foi galardoada con diferentes premios: «Tomás Barros», «Ánxel Fole», «Luís Tilve», «Mulleres en Acción», «Galiza Mártir», entre outros; e como guionista e produtora de documentais recibiu co seu fillo Pablo Ces o «Mestre Mateo» e o «Xohana Torres». En 2023 publica Carmiña Sierra. A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos (Alvarellos Editora) obra finalista como mellor ensaio do ano nos Premios Follas Novas. (https://alvarelloseditora.gal/autor/aurora-marco/)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad