PALESTRA DE FRANCISCO RODRÍGUEZ: “ROSALÍA. PROCLAMAR AO MUNDO QUE GALIZA EXISTE”. VENRES 20 DE FEBREIRO DE 2026, ÁS 20:00 HORAS, NA SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos, co patrocinio da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputacion de Lugo e a colaboracion do Concello de Vilalba, organiza, dentro dos actos previstos para conmemorar o MES DE ROSALÍA, a palestra “ROSALÍA. PROCLAMAR AO MUNDO QUE GALIZA EXISTE”, a cargo de FRANCISCO RODRÍGUEZ, comisariado e autor dos textos da exposición co mesmo nome que nestes días permanece aberta ao público na Sala de Exposicións do Auditorio.

O acto terá lugar o venres 20 de de febreiro de 2026, ás 20:00 horas, no mesmo lugar da exposición no Auditorio Municipal de Vilalba.

FRANCISCO RODRÍGUEZ

É Licenciado e Doutor en Filoloxia Románica e Catedrático de Literatura española en Instituto. É autor dunha ampla obra de investigación e ensaio en temas lingüísticos, literarios, culturais e políticos desde unha perspectiva nacionalista. Inaugura unha liña de análise socio-lingüística coa publicación de “Conflicto lingüístico e ideoloxía na Galiza” (1976 – vai pola 4ª edición). Especialista en figuras de grande releváncia como Rosalía de Castro (tese de doutoramento, xaneiro 1988), Curros Enríquez (1973), Blanco Amor (1993) Neste ámbito realizou diversas publicacións- e o manual “Literatura galega, problemas de método e interpretación”.

Foi impulsor fundamental da creación e dinamización de organizacións sindicais e políticas como a INTG e o BNG. Dirixente da UPG da que foi Secretario Xeral. Foi membro, tamén, do Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego e da súa Executiva.

Foi deputado no Parlamento Galego e deputado e Portavoz do BNG no Congreso dos Deputados desde o ano 1996 até o 2008.

(https://upg.gal/portfolio-item/francisco-rodriguez-sanchez/)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad