PALESTRA DE PILAR GARCÍA NEGRO: “LIEDERS: NACE UNHA ESCRITORA, ROSALÍA DE CASTRO”. MARTES 22 DE ABRIL DE 2025, ÁS 20:00 H. NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a PALESTRA “LIEDERS: NACE UNHA ESCRITORA, ROSALÍA DE CASTRO”, impartida por PILAR GARCÍA NEGRO, profesora honoraria da USC e escritora. 

O acto terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba o martes 22 de abril de 2025, ás 20:00 horas, e será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.

LIEDERS.- “Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino”. En 1858 Rosalía de Castro publicou en El Album de El Miño -xornal vigués activo entre os anos 1857 e 1868- o artigo Lieders, un breve texto en castelán que ben pode considerarse o primeiro manifiesto feminista publicado en Galicia. Rosalía ten nese momento 21 anos, acaba de coñecer a Manuel Murguía (con quen casou en outubro dese ano) e vén de publicar o seu primeiro poemario, La Flor.  O texto supón unha declaración de liberdade como creadora (o artigo comeza dicindo “Oh, non quero cinguirme ás regras da arte!”) e tamén como persoa, reclamando a liberdade  das mulleres ante a presión social que as culpabiliza, rebelándose fronte a unha sociedade dominada polos hombres e denunciando o uso do sexo como instrumento de degradación(Praza.gal)

Foto montaje de la cara de una persona

El contenido generado por IA puede ser incorrecto.MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO, nada o 9 de outubro de 1953 en Lugo, é unha política, escritora, sociolingüista e profesora galega.

Traxectoria profesional

Estudou filoloxía hispánica e filoloxía galega na  Universidade de Santiago de Compostela, doutorándose en 1991.

Foi profesora de lingua española no Instituto Eusebio da Guarda da Coruña entre 1976 e 1985 e na Sardiñeira entre 1985 e 1990. Deu sempre as clases en galego, o que lle valeu a apertura dun expediente sancionador en 1983. Dende 1991 é profesora da Universidade da Coruña, sendo profesora titular desde 1995 no Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística.

Publicou a sección “O idioma” no semanario A Nosa Terra entre marzo de 1978 e agosto de 1979, seguíndolle “Leccións de Literatura e de Lingua” con Xosé María Dobarro de 1979 a 1980.

Pilar García Negro interveu en numerosos congresos nacionais e internacionais sobre sociolingüística, linguas europeas non normalizadas, literatura galega e feminismo, e publicou edicións e estudos sobre Rosalía de Castro, Valentín Lamas Carvajal, Pardo Bazán, Castelao, Xesús San Luís Romero, Ramón Villar Ponte, Eduardo Blanco Amor, Ricardo Carvalho Calero, Jenaro Marinhas del Valle, Manuel María, María Xosé Queizán, Lois Diéguez, Marica Campo ou Pilar Pallarés.

Foi presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña (1983-1988). É membro do Consello de redacción de Altres nacions, da Revista de Filoloxía da Universidade da Coruña e da revista Terra e Tempo. Colaboradora da AS-PG, AELG e  Mesa pola Normalización Lingüística. Desde 2004  é a directora-xerente da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas.

Traxectoria política

Foi deputada no Parlamento de Galicia polo BNG entre 1989 e 2003. Durante ese período destacou por ser unha das principais defensoras da legalidade do topónimo galego da cidade da Coruña fronte os recursos nos tribunais do daquela alcalde da cidade, Francisco Vázquez, para manter a oficialidade de dito topónimo en español.

En 2006 foi xulgada e condenada canda Xosé Manuel Carril e Francisco Xosé Rei por inxurias e desorde pública logo dun pleno, celebrado en 2004, no Palacio de María Pita no que Francisco Vázquez pretendía cooficializar os topónimos galego e castelán para a cidade.

Velaí algunhas das súas obras:

  • O galego e as leis. Aproximación sociolingüística (1991, Edicións do Cumio)
  • Sempre en galego (1993, 1999, Laiovento)
  • Direitos lingüísticos e control político (2000, Laiovento)
  • Arredor de Castelao (2001, A Nosa Terra)
  • María Mariño no ronsel das escritoras galegas (2007, Laiovento)
  • Xosé María Álvarez Blázquez: Claro mencer do tempo… (2008, Deputación da Coruña)
  • De fala a lingua: un proceso inacabado (2009, Laiovento)
  • O clamor da rebeldía.  Rosalía de Castro: ensaio e feminismo (2010, Sotelo Blanco)
  • Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación  (2010, Laiovento)
  • Outramente…  (2012, Laiovento)
  • Cantares gallegos hoxe. Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro (2013, Alvarellos)
  • Galiza e feminismo en Emilia Pardo Bazán (2021). Lugo: Alvarellos. 158 páxs. 
  • Rectificar a historia Escritos sobre Ricardo Carvalho Calero (2021). Santiago: Laiovento. 288 páxs
  • A gente da Barreira, de Ricardo Carvalho Calero; Teatro, de Jenaro Marinhas del Valle (1997, AS-PG/A Nosa Terra)
  • Poesia galega, de Valentín Lamas Carvajal (1998, Ediciós do Castro)
  • Confusión de María Balteira, de Marica Campo (2006, Universidade da Coruña). Edición e estudo introdutorio da obra
  • El caballero de las botas azules. Lieders. Las literatas, de Rosalía de Castro (2006, Sotelo Blanco). Edición e estudo introdutorio
  • Ricardo Carvalho Calero. Obra literaria: poesía, teatro e narrativa (2022).  Manuel Castelao Mexuto e María Pilar García Negro (Eds.). Biblos (fonte wikipedia)

A entrada será de balde ata completar aforo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad