
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a palestra: CASTELAO POLÍTICO 1916-1950, impartida por UXÍO-BREOGÁN DIÉGUEZ, HISTORIADOR E DIRECTOR DA CÁTEDRA DE MEMORIA HISTÓRICA DA UDC. Presentará: MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA.
O acto terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba o xoves 3 de xullo de 2025, ás 20:00 horas.
Informamos tamén que permanece aberta ao público na Casa da Cultura a Exposición SEMPRE EN GALIZA 1944-2024.
Uxío-Breogán Diéguez Cequiel(Madrid, 1978). Doutor en Historia Contemporánea pola Universitat de Barcelona, programa ‘Societat i Cultura’. Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.
Director da Cátedra de Memoria Histórica da UDC.
Autor e coautor dunha ducia de libros e director de ‘Murguía, Revista Galega de Historia‘, desde a súa fundación no 2003 (revista semestral editada en papel con ISSN: 1696-9197 e indexada por LATINDEX, DICE e DIALNET, entre outros ). Membro do Consello Editorial da revista brasileira ‘Interthesis‘ da Universidade de Florianópolis e avaliador de diversas revistas científicas a nivel internacional.
Liñas centrais de investigación:
Historia Contemporánea de Europa e dos Movementos Sociais.
Identidade e Memoria Historia.
Didáctica das Ciencias Sociais.
Didáctica da Historia e da Xeografía.
Didáctica do Patrimonio Cultural.
(https://pdi.udc.es/gl/File/Pdi/F57DK)
A ENTRADA SERÁ DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO
