PALESTRA “ISAAC DÍAZ PARDO, MILAGRES E ESPOLIO”, POR FELIPE SENÉN. PRESENTA: MARISA BARREIRO. VENRES 21/11/25-20:00, CASA DA CULTURA DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos, organiza a Palestra “Isaac Díaz Pardo, milagres e expolio”, impartida por FELIPE SENÉN, historiador da cultura galega, que será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.

O acto terá lugar o vindeiro venres 21 de novembro, ás 20:00 horas, Casa da Cultura de Vilalba.

Isaac Díaz Pardo, (1920 Compostela- 2012 Coruña). Fillo do escenógrafo Camilo Díaz Baliño viviu fondamente os anos e liberdades da república e da guerra civil na que asesinan nunha cuneta de Palas de Rei ao seu pai. No 1948, apoiado por varios intelectuais no exilio bonaerense, especialmente do pintor Luis Seoane, comeza un singular e modélico proxecto industrial no mundo, vinculado ao proceso arte-industria, tradición-vangarda desenvolto por Cerámicas e Editorial do Castro, Sargadelos ou como base teórica o Laboratorio de Formas de Galicia, do que nace o Museo Carlos Maside, o Instituto Galego da Información… un xeito de renovar o mundo das formas galegas, do deseño, coa dignidade do traballador. Díaz Pardo deuno todo até o estado da cuestión presente… (Amigos dos Museos de Galicia)

Felipe Senén.- Fixo os seus primeiros estudos no Carballiño e no Instituto de Ourense, onde traballou como colaborador do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, dirixido entón por Xesús Ferro Couselo. Estudou Filosofía e Letras, especialidade de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela. En 1975 pasou a reorganizar aspectos no Museo Arqueolóxico da Coruña, localizado no Castelo de Santo Antón, e chegou a ser nomeado director-conservador. No 1996 pasou á Deputación da Coruña como Técnico de Xestión Cultural. Foi fundador da asociación cultural Avantar do Carballiño, de Alexandre Bóveda na Coruña e da revista de pedagoxía O Ensino. Preocupado pola linguaxe simbólica na tradición galega, así como pola posta en valor do patrimonio etnográfico e arqueolóxico, ten participado en múltiples publicacións, artigos nos medios de comunicación de Galicia. 

É un asiduo colaborador do IESCHA: varias conferencias; rutas culturais (A Coruña, O Carballiño, Ribadavia); Xornadas Museísticas; inauguración e colocación da escultura de Manuel María… 

ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad