PALESTRA “MEMORIA DEMOCRÁTICA” A CARGO DE XAVIER FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, CO ACOMPAÑAMENTO DE MARISA BARREIRO. VENRES 26 DE XUÑO DE 2026, ÁS 20:00H. CASA DA CULTURA DE VILALBA. ENTRADA DE BALDE

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza, coa colaboración do Concello de Vilalba, a palestra sobre MEMORIA DEMOCRÁTICA, impartida por XAVIER FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, que estará acompañado pola presidenta do Iescha, MARISA BARREIRO.

O acto terá lugar o venres 26 de xuño de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.

XAVIER FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ
Xavier Fernández Rodríguez é natural da cidade de Lugo (1981). Porén, as suas raíces familiares están nesta Terra de Montenegro, especialmente nas parroquias de Goiriz, Carballido, Román e Samarugo. Posúe unha formación bastante diversa nos dominios das Ciencias Sociais e Xurídicas e un interese continuo na práctica artística e o desenvolvemento humano através da educación. Na actualidade, está a terminar o Grao en Ciencias Políticas na UNED e é alumno do programa de doutorado “Innovación e equidade en educación” na Universidade da Coruña, onde realiza a tese baixo a tutela do profesor Xulio Pardo de Neyra.

É profesor de Música de Cámara no Conservatorio Superior de Música da Coruña, tendo desenvolvido tarefas docentes en todos os niveis educativos desde 2009, incluido o ensino primario durante varios anos. Como intérprete de violín, ten dado concertos en España, Portugal, Italia, Países Baixos e Estados Unidos, entre outros.

No programa de doutoramento desenvolve pesquisa sobre patrimonio educativo e memoria histórica, materias sobre as que ten participado en congresos e reunións científicas. Os seus intereses de investigación son a memoria histórica-educativa, a antropoloxía lingüística e a cultura inmaterial galega, especialmente a música. Porén, o seu maior interese radica na produción de impactos significativos através de accións de conscienciación e capacitación histórico-artística na escola.

Nesta conversa, exporá os resultados alcanzados na sua pesquisa de doutorado, que debuxan para o ensino da Chaira un escenario dinámico, complexo e exemplar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad