
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a PALESTRA “PALESTINA, UM CONFLITO. UM POVO QUE RESISTE”, a cargo de VICTORINO PÉREZ PRIETO, profesor, escritor teólogo e pensador.Presenta: Marisa Barreiro.
O acto levarase a cabo o venres 4 de abril de 2025, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
VICTORINO PÉREZ PRIETO: Profesor universitario xubilado e escritor, teólogo e pensador. Especialista en temas de cultura galega; sobre todo na Xeración “Nós” e en Prisciliano. Tamén é especialista en Raimon Panikkar, sobre quen fixo as Teses de Doutoramento en Filosofía (USC) e Teoloxía (UPSA).
Estudou Filosofía e Teoloxía en Santiago; doutorouse en Teoloxía na Universidade Pontificia de Salamanca e en Filosofía na Universidade de Santiago.
Foi moitos anos profesor de Instituto; logo deu clases nas Universidades de A Coruña e Santiago de Compostela. Foi varios anos profesor e investigador na Universidade de San Buenaventura-Bogotá (Colombia) e finalmente foi docente na Universidade de La Salle-Madrid.
Ten dado numerosas conferencias en Galicia, España, Italia, Colombia, México,…
É membro da “Asociación de Escritores en Lingua Galega”, do “Seminario Galego de Educación para a Paz”, da “Asociación de Teólogos Juan XXIII”,de “CIRPIT” (Centro Interculturale Raimon Panikkar- Italia), de “Partenia au dela des frontières” (Francia), e doutras.
Ensaísta e publicista en revistas e xornais, foi colaborador habitual nos diarios El Progreso, Diario de Ferrol e La Voz de Galicia; actualmente en Nós. Diario. Foi director da revista Irimia e do Consello de Redacción da revista Encrucillada. Ten colaborado noutras revistas galegas (A Nosa Terra, Tempos, Grial, Agora de Filosofia, Terra e Tempo, Galegos…), españolas (Sal Terrae,‘Ilu, El Ciervo, Dialogal, Alandar…) e extranxeiras (Theologica Xaveriana-Bogotá, Actualidades Pedagógicas-Bogotá, CIRPIT review-Milano, Complessitá-Messina…).
Publicou perto de trinta libros individuais, en galego e castelán. Entre eles: A xeración “Nós” (Vigo, 1988), Do teu verdor cinguido (A Coruña, 1997), Con cordas de tenrura (Vigo, 2000), Contra a síndrome N.N.A. Unha aposta pola esperanza (Vigo, 2005); Más allá de la fragmentación de la teología el saber y la vida (Valencia, 2008), Dios, hombre, mundo. La Trinidad (Barcelona, 2008), Prisciliano na cultura galega (Vigo, 2010), La búsqueda de la armonía en la diversidad (Estella, 2014), Espiritualidad ecológica (Saarbrücken-Germany 2016), Diccionario panikkariano (Barcelona 2016), Prisciliano, um cristâo livre (Braga 2017),
A unidade e harmonía da Realidade: Complexidade e ecoloxía (Vigo 2022), La mística en las religiones no cristianas: El reto de la no-dualidad (Madrid 2024).
Tamén ten colaborado en mais de sesenta libros. Entre os que salientan: O Ensino da lingua: por un cambio de rumo (A Coruña 1995); Diálogos nun camiño da cultura Europea (A Coruña 2007); Diccionario Enciclopedia do Pensamento Galego (Vigo 2008), O Pensamento Luso-Galaico-Brasileiro 1850-2000 (Lisboa 2009); A Religião em Movimento (Braga 2014), Galegos Universais (A Coruña 2016), Moncho Valcarce. Un dos inesquecibles (A Coruña 2018), Los caminos de la libertad religiosa. Educación, participación ciudadana y cultura de paz (Bogotá 2020), Diccionario de Filosofia de Ferrater Mora (Girona 2020), Le pratiche del dialogo dialogale. Scritti su Raimon Panikkar (Milano 2020), Panikkar hoy (Barcelona 2022), Pase lo que pase construye la paz (Ávila, 2024).
Entrada de balde ata completar aforo
