PALESTRA “UNHA VIAXE POLA POESÍA ÍNTIMA DE MANUEL MARÍA”, POR ALBERTE ANSEDE. EXPOSICIÓN “MANUEL MARÍA: AMOR E COMPROMISO”. VENRES 25-10.

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa FUNDACIÓN MANUEL MARÍA, organiza a PALESTRA “UNHA VIAXE POLA POESÍA ÍNTIMA DE MANUEL MARÍA“, a cargo de ALBERTE ANSEDE, presidente da Fundación Manuel María.

O acto terá lugar na Casa de Cultura de Vilalba, o VENRES 25 DE OUTUBRO DE 2024, ás 20:00 horas.

No mesmo evento, levarase a cabo a inauguración da EXPOSICIÓN “MANUEL MARÍA: BELEZA, AMOR E COMPROMISO”, que permanecerá aberta ao público ata o día 15 de novembro de 2024.

Manuel María. Beleza, amor e compromiso (1929-2004) é un proxecto da Casa-Museo Manuel María coa colaboración da Concellería de Cultura para achegar á cidadanía a figura, a vida e a obra de Manuel María a través dunha exposición divulgativa que amosa de xeito ameno e gráfico a traxectoria vital e literaria do autor. A partir do venres 25 de outubro e ata o 15 de novembro poderase visitar na Casa da Cultura de Vilalba.

Comisariada pola Casa-Museo Manuel María, esta mostra amosa por medio de dez paneis dun xeito ameno e gráfico a personalidade de Manuel María e a evolución da súa obra ao longo das distintas etapas vitais. Ofrece tamén un completo folleto informativo sobre a figura, a vida e a obra do Poeta do Pobo. A exposición afonda, asemade, en aspectos relevantes como a identificación do escritor coa terra e a paisaxe, o seu compromiso coa lingua galega, a súa faceta de clásico e precursor da vizosa literatura infantil galega da que hoxe gozamos, a súa participación na vida política, a súa poesía intimista ou a variedade de xéneros literarios que abordou. (http://www.carballo.gal/conservatorio/axenda.php?id=1158…)

ALBERTE ANSEDE �

Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago, na rama de Pedagoxía con dúas especialidades: Orientación Educativa e Administración Educativa. Presidente da Fundación Manuel María

Desde 1988 ata 2001 foi Presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG).

No curso 1985-86 foi bolseiro en Lisboa co patrocinio da Dirección Xeral de Relacións Culturais do Ministerio de Asuntos Exteriores español.

Foi director das Xornadas do Ensino de Galiza entre 1989 e 2001. Estas Xornadas desenvólvense anualmente durante unha semana na cidade da Coruña e van destinadas ao profesorado non universitario.

Foi membro do Comité Organizador de diversos congresos e Simposios entre os que destacan o I Simposio Internacional de Linguas Europeas e Lexislacións (Santiago de Compostela 1992), Castelao na Galiza do s. XX (A Coruña, 1999) Castelao. Co Pensamento en Galiza (Pontevedra, 2000) e Simposio Internacional de Linguas sen normalizar (Pontevedra, 2001).

Coautor do libro “Eduardo Blanco Amor. Álbum de literatura” e do libro de texto para o ensino de Filosofía no primeiro curso de bacharelato.

Coordinador editorial de máis dunha vintena de libros en galego para o ensino non universitario.

Coordinador do proxecto “Enciclopedia – Antoloxía da literatura galega” desenrolado en tres anualidades (de 1995-98) que supuxo a edición de 50 libros representativos da literatura galega, acompañados doutros tantos fascículos que constituíron unha historia da literatura galega. Este proxecto recibiu a axuda da Comisión das Comunidades. (http://galegos.galiciadigital.com/gl/alberte-ansede-estraviz)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad