PARABÉNS DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DE VILALBA A CECILIA FERNÁNDEZ SANTOMÉ, GAÑADORA DO XLIV PREMIO BLANCO-AMOR DE NOVELA, POLA SÚA OBRA: “Boundaries Road SW12 8HD”

IESCHA quere expresar a súa máis sincera noraboa á escritora Cecilia F. Santomé, recentemente proclamada gañadora do XLIV Premio de Novela Blanco-Amor pola súa obra “Boundaries Road SW12 8HD”. O galardón, outorgado pola Deputación de Ourense, acadou nesta edición a maior participación da súa historia, con 75 obras presentadas, o que fai aínda máis significativo este logro.

O xurado salientou especialmente a súa capacidade para a “creación dun universo narrativo con gran pegada poética”, un recoñecemento que pon de manifesto a profundidade literaria e a sensibilidade artística dunha autora que está a abrir camiño cunha voz propia, auténtica e poderosa.

Desde o IESCHA queremos destacar, ademais do seu talento narrativo, a súa capacidade para conectar coa emoción e para construír relatos que permanecen no lector máis aló da lectura. A súa obra é exemplo de compromiso coa lingua e coa literatura, e unha mostra inspiradora para as novas xeracións.

Parabéns, Cecilia, por este merecidísimo premio.

A XUNTA DIRECTIVA DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DE VILALBA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad