PARABÉNS DO IESCHA A OLIVER LAXE POLA ESCOLLA DA SÚA PELÍCULA “SIRAT” COMO CANDIDATA A PARTICIPAR NOS PREMIOS ÓSCAR Á MELLOR PELÍCULA INTERNACIONAL

O INSTUTUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DE VILALBA quere manifestar a súa máis fonda satisfacción e trasladarlle os parabéns ao director de cine  OLIVER LAXE pola recente escolla da súa longametraxe SIRAT como candidata a participar nos Premios Óscar na categoría de Mellor Película Internacional.

A presenza de SIRAT no camiño aos Óscar supón un fito de enorme relevancia na traxectoria persoal e artística de Oliver Laxe e unha oportunidade para visibilizar a riqueza creativa que xorde dende Galicia.

No IESCHA celebramos este logro, confiando en que o recoñecemento contribúa a fortalecer o papel da cultura como motor de cohesión, prestixio e proxección interna-cional.

Parabéns, Oliver Laxe!!! Moita sorte no camiño que queda!!!

A XUNTA DIRECTIVA DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DE VILALBA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad