
Mañá xoves, 20 de agosto, o guitiricense Raúl Río recibirá o Caxato de Avelino dentro do acto de homenaxe a Avelino Pousa Antelo que se celebra anualmente en Teo. Xa en 2016 recibiu a Navalla de Manuel María.
Desde o IESCHA querémonos sumar a este novo e merecido recoñecemento a Raúl, socio da nosa entidade, polo seu labor na defensa da lingua e cultura galegas, tanto aquí na nosa terra coma en Euskadi, onde desenvolveu a súaactividade profesional e lugar que alterna cos seus Vilares natal como residencia ao longo do ano.
Foi un dos fundadores da Asociación Cultural Rosalía Castro de Barakaldo e autor dun busto en granito dedicado ao seu veciño Xosé Mª Díaz Castro. Colabora habitualmente na prensa de Euskadi e Galicia e desenvolve unha intensa actividade como reporteiro gráfico, posuíndo un enorme e interesante arquivo gráfico e sonoro da vida cultural chairega e galega desde os anos 70 do pasado século.
Parabéns, Raúl, por este merecido recoñecemento e por tantos anos de traballo e compromiso coa nosa terra. Que o Caxato de Avelino sexa tamén un recoñecemento a toda unha vida dedicada a manter viva a cultura galega!
Unha forte aperta de todas as persoas que formamos o IESCHA.
A XUNTA DIRECTIVA DO IESCHA
Vilalba, 19 de agosto de 2026
