PARABÉNS DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS A FELIPE ARIAS, RECENTEMENTE ELIXIDO MEMBRO DA REAL ACADEMIA GALEGA-RAG POLA SÚA TRAXECTORIA INTELECTUAL E PROFESIONAL DE ENORME RELEVANCIA

INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS quere expresar a súa máis sincera felicitación a Felipe Arias, recentemente elixido membro correspondente da Real Academia Galega, unha distinción que recoñece unha traxectoria intelectual e profesional de enorme relevancia para a cultura galega.

O pleno da institución académica votou favorablemente a súa incor-poración, salientando a traxectoria dun historiador, arqueólogo e museólogo que dedicou a súa vida ao estudo, á protección e á difusión do patrimonio galego, cun labor destacado á fronte do Museo Provincial de Lugo e, de maneira especial, do Museo do Castro de Viladonga, que dirixiu desde a súa creación en 1983 até a súa xubilación en 2014, converténdoo nun centro de referencia da arqueoloxía galega.

Para o IESCHA, este recoñecemento ten ademais un significado especial, pois Felipe Arias Vila é socio da nosa entidade e colabora-dor en diversas actividades.

Por todo o anterior, celebramos este merecido recoñecemento e desexámoslle a Felipe Arias unha frutífera etapa dentro da RAG, reiterándolle os nosos parabéns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad