O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) paticipou estes días 3, 4 e 5 de xuño na II Feira do Libro Vilalé compartindo posto coa Biblioteca Municipal. As persoas que por alí pasaron contemplaron as publicacións que o Iescha leva editadas ao longo dos seus 22 anos de vida. Na última xornada, dous membros da Xunta Directiva do IESCHA, Marisa Barreiro e Chema Felpeto, participaron nas presentacións de dous libros: “Non penses nun elefante rosa”, de Antía Yáñez, e “Eu son Exeria”, de Marisa Vidal Collazo, respectivamente.
Aí deixamos un pequeno resumo.