PARTICIPACIÓN DO IESCHA NO ENCONTRO DE BOAS INICIATIVAS CULTURAIS ORGANIZADO POLA ÁREA DE CULTURA-VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN DE LUGO O PASADO 13 DE XULLO NA FINCA DE TOR

Marisa Barreiro, presidenta do Instituto de Estudos Chairegos, participou en representación da referida asociación no Encontro de Boas Iniciativas Culturais. Cultura, Territorio e Aprendizaxe Colectiva, celebrado o pasado 13 de xullo na Finca de Tor. Esta xornada reuniu entidades e proxectos culturais de toda Galicia co obxectivo de compartir experiencias, reflexionar sobre o papel da cultura na dinamización do territorio e identificar os factores que contribúen á consolidación de iniciativas culturais sostibles e con capacidade para crear comunidade.

A presenza do IESCHA neste encontro permitiu dar a coñecer o labor que a entidade vén desenvolvendo desde hai máis de tres décadas na defensa, estudo e difusión do patrimonio histórico, cultural e natural da Terra Chá, ao tempo que favoreceu o intercambio de ideas e experiencias con outras asociacións e colectivos comprometidos coa promoción da cultura galega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad