
O IESCHA participa no RETO LECTOR da BIBLIOTECA MUNICIPAL. Comezamos o ano co noso benquerido Agustín Fernández Paz. A lectura escollida para este mes de xaneiro foi “Cartas de Inverno”, un libro recomendado arredor do que compartimos impresións no noso espazo de lectura. Cada mes iremos dando a coñecer o libro escollido. Animádevos a lelo con nós!


