PRE-ESTREA DA CURTAMETRAXE DOCUMENTAL “XORIMA”, DIRIXIDA POR SOFÍA NASEIRO. PROXECTO XORIMA.

O venres 23 de setembro de 2022, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, terá lugar a pre-estrea da curtametraxe documental “Xorima” (30min), dirixida por Sofía Naseiro, que traza unha liña sobre a historia do grupo e do contexto social e cultural dos anos 80 en Galicia, describindo o reencontro dos membros da primeira formación de Xorima. É unha homenaxe a Xorima, pero tamén a toda a música folk e a cultura galega que emerxía despois da represión social e cultural da ditadura. Unha homenaxe a todas as persoas que fixeron país. 

O documental está enmarcado no Proxecto Xorima, un proxecto transmedia en colaboración co  Instituto de Estudos Chairegos para homenaxear e reivindicar a importancia deste grupo a través de distintos medios e plataformas. Toda a información relativa ao proxecto está dispoñible na páxina web https://proxectoxorima.com.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad