
O pasado venres, 21 de febreiro, a Escola Habanera de Guitiriz acolleu a inauguración da exposición ‘Tal como eramos’, unha mostra de fotografías antigas que ofrecen unha mirada nostálxica ao pasado do municipio.
O acto inaugural contou coa participación de Manuel Castro Santamariña, membro do IESCHA, que guiou aos asistentes nun percorrido visual polas imaxes que compoñen a mostra.
Ao remate da inauguración, celebrouse a actividade ‘Caldo de gloria’, unha iniciativa ofrecida pola Biblioteca Municipal para celebrar o Día de Rosalía na que os asistentes puideron ler varios poemas da escritora e degustar o típico caldo. (Concello de Guitiriz)










