PRESENTACIÓN “RECOÑECER, ACTUAR E RESTAURAR. MANUAL BÁSICO PARA AFRONTAR AS VIOLENCIAS MACHISTAS”, CON CARME ADÁN. 15/03 C.CULTURA

O sábado 15 de marzo de 2025 ás 12:30 horas na Casa   da   Cultura de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello da Cultura Galega e do Concello de Vilalba, organiza a presentación de “Recoñecer, actuar e restaurar. Manual básico para afrontar as violencias machistas”, que correrá a cargo de CARME ADÁN, Doutora en Filosofía e ensaÍsta. Directora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF) e coordinadora do equipo que elaborou o manual. Presentará o acto Marisa Barreiro, presidenta do Iescha

“Preséntase este manual para afrontar as violencias machistas. Ante a dificultade de recompilar toda a información posible sobre a violencia de xénero e a violencia sexual,  así como os recursos e os programas existentes, optouse por elaborar un texto o máis áxil posible, dividido en tres apartados fundamentais: un primeiro dirixido a recoñecer as diferentes  formas de violencia, un segundo centrado nos percorridos xurídicos, co obxectivo de orientar as mulleres e mozas que dan o paso de presentar unha denuncia, e por último un terceiro apartado en que se recollen programas, recursos e axudas aos que se pode acceder hoxe en Galicia. 

O texto está dirixido, principalmente, a todas as mulleres e mozas que poidan atoparse nunha situación de violencia machista, mais tamén ás profesionais que todos os días traballan na prevención ou erradicación da violencia. Agardamos que este manual elaborado desde o Centro de Documentación en Igualdade e  feminismos do Consello da Cultura Galega sexa unha contribución ao proxecto colectivo dos feminismos: un mundo máis xusto libre de violencias machistas..” (Consello da Cultura Galega)  

Carme Adán (Donostia, 1966) é doutora en Filosofía e ensaista. Presidiu a Aula Castelao de Filosofía desde 1997 até 2005. Durante os anos 2005-2009 desempeñou o cargo de Secretaria Xeral da Igualdade no Goberno galego e entre 20072009 foi Presidenta da Unidade Muller e Ciencia de Galicia. Durante a VIII e IX Lexislatura foi deputada no Parlamento galego. No exercicio dos seus cargos redactou a Lei galega para a prevención e o tratamento da violencia de xénero e foi ponente das sucesisas modificacións no Parlamento galego. 

Publicou Feminismo e coñecemento en Espiral Maior (2003),traducida ao castelán en (2006). En 2011 recompilou en Cartografías do derrubo dous anos de actividad periodística na sección de opinión de Xornal de Galicia. As súas publicacións máis recientes son:

  • “Cyborg” en Barbarismos queer e outras esdrújulas en Edicions Bellaterra (2017)
  • “Conceptualizar la violencia contra las mujeres:¿una reflexión epistemológica pendiente?” na Revista Andaluza de Antropología (2018).
  • “Conceptos y violencias: espacios para el debates sobre la violencia obstétrica” en Violencia obstétrica da editorial Tecnos (2018).
  • “Sobre verdade e posverdade en sentido extrapolítico” en Grial, nº 216, 2018.
  • “Galiza: o ideal que nos aloumiña” de próxima publicación en O noso pobo. De hoxe noutros corenta anos polo Museo do Pobo galego.
  • “How many shades does femicide have?Reflections from feminist epistemology” en Knowlegdes, Practices and activism fron Feminist Epistemologies (Vermon, 2019).
  • “Que lexitima o discurso violento?” en Grial, nº 234, 2022.

En novembro de 2018 publica o libro “Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en temos de submisión” na editorial Galaxia, cuarta impresión en febreiro de 2020. En maio de 2019 foi publicada en castelán e en setembro de 2019 en catalán.

Na actualidade exerce como Catedrática de Filosofía no IES Politécnico de Vigo. Durante os anos 2018-2022 coordinou a sección de” Pensamento” do Consello da Cultura Galega. Na actualidade dirixe o CDIF, Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos, do Consello da Cultura Galega. Coordina a sección de “Feminismos” da Revista Grial editada por Galaxia.                                          

Entrada libre e gratuíta ata completar aforo.

Un pensamento en “PRESENTACIÓN “RECOÑECER, ACTUAR E RESTAURAR. MANUAL BÁSICO PARA AFRONTAR AS VIOLENCIAS MACHISTAS”, CON CARME ADÁN. 15/03 C.CULTURA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad