PRESENTACIÓN DO LIBRO “A FABA E NÓS”, DE ALBERTO V. SERANTES. ILUSTRACIÓNS DE ARACELI PAZ. INTERVEÑEN TAMÉN MARISA BARREIRO. SÁBADO 18 DE ABRIL DE 2026, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA.

O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o acto de presentación do libro A FABA E NÓS, de ALBERTO V. SERANTES, con ilustraciones de ARACELI PAZ e publicado por FIGURANDO RECORDOS EDICIÓNS.

A presentación correrá a cargo de MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha

O acto terá lugar o sábado 18 de abril de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.

A FABA E NÓS

“Como moitos outros fixeran antes que eles, esta parella decide aproveitar a oportunidade, deixar a cidade e comezar unha nova vida no campo. Nunha das primeiras noites na súa casa centenaria, unha chamada na porta provoca un camiño de aprendizaxe do que é introducirse nunha comunidade, cómo desmontar os prexuicios propios e, sobre todo, o mellor modo de respectar as costumes dun lugar. Porque o campo non é só a vida tranquila, as caídas de sol acompañadas dos sons dos animais e o canto dos paxaros. A vida no rural a texe a comunidade, a sementeira e a colleita e, as veces, baila ós pasos dunha legume.”

(Da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad