A GRUTA DA TORRE, de LOIS PÉREZ
Na tarde-noite deste venres 16 de setembro, na Casa da Cultura de Vilalba, tivo lugar o acto de presentación do libro de LOIS PÉREZ, “A GRUTA DA TORRE, ganador do V Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade. Formaron parte da mesa de intervención: Marisa Barreiro, presidenta o IESCHA; Elba Veleiro, alcaldesa do Concello de Vilalba; Manuel Bragado, membro do Xurado; Rosalía Díaz, ilustradora do libro, e Lois Pérez, autor do mesmo.
Durante as intervencións o público asistente puido coñecer máis polo miúdo o contido do libro, protagonizado por un grupo de rapaces e rapazas no Ribadeo de 1990. Unha aventura trepidante, onde a amizade, os amores, os libros, as bibliotecas, a igualdade priman por riba de todo.
Parabéns a Lois e Rosalía polo seu magnífico traballo.
E graciñas aos demais intervintes e ao público asistente.